domingo, 27 de enero de 2013

EVA OLGA E MARI: VOCALES DA NOSA ASOCIACIÓN

Tres mulleres con moita voluntade para facer cousas. Son moi amables, buenas, discretas; grandes colaboradoras. A pesar do traballo que teñen nas súas casas, dispoñen de tempo para a nosa asociación

A veces sorpréndennos con queixo, tarta de mazá, melindres...feitos con moito cariño, con productos naturales

Estamos orgullosas de vos. Con mulleres así da gusto traballar 

A SOCIEDADE E ASI

O POBRE TRABALLA
O RICO EXPLOTA
O SOLDADO DEFENDE OS DOUS
O CONTRIBUINTE PAGA POR OS TRES
O VAGO DESCANSA POR OS CATRO
O BORRACHO BEBE POR OS CINCO
O BANQUEIRO ESTAFA OS SEIS
O ABOGADO ENGAÑA OS SETE
O MÉDICO MATA OS OITO
O SEPULTURERO ENTERRA OS NOVE
O POLITICO VIVE DOS DEZ

martes, 22 de enero de 2013



Mª  Herminia: A nosa tesoreira 

A nena de ollos claros e chichos rubios que leía tan ben na escola de BREANCA alá por o ano 1967. Ahora convertida en unha estupenda tesoreira da Asociación Virxe do Rosario.

Quén nos iba a decir, que despois de mais de 43 anos volveríamos a encontrarnos, na misma parroquia e cas mismas inquietudes. Facer algo que nos enchera, xa que  debido o noso enclenque estado de saúde tivemos que deixar a  nosa profesión de moitos anos.

Pero somos moi felices ¿verdade? 

Mª Herminia:  Agradézoche que nun momento  moi baixo anímicamente da miña vida apareceras tí, dándome ese empuxonciño que necesitaba para sentirme outra vez útil. Estou orgullosa de formar parte do voso equipo. Síntome realizada, con ganas de comerme o mundo, como antes. Gracias a tí ,a túa  axuda desinteresada, fago algo que nunca pensei. E vexo que cas miñas limitacións son capaz de arranxar cousas para a casa e facer algún modelo para min que luzo moi orgullosa. Como di a canción “todo cho debo a ti”
Aparte, como tesoreira da nosa asociación, estamos moi ledas de o ben que o fas.

As contas teñen que dar. Y ese baile de cifras (ingresos,gastos) ,está  minuciosamente contabilizado. Sabemos  a donde vai  hasta o último céntimo. Lévalo todo o dedillo. Non tes nada que envidiar a ningún banqueiro. Partidas de ingresos e gastos debidamente contabilizados e con todo lujo de detalles.

A parte eres dinámica, divertida, prudente, leal.

Como di o gran Charles Chaplin:  Non se mide o valor de alguien por a súa roupa, ou por os bens que posee;  o verdadeiro valor é o seu  carácter, as suas  ideas, é a nobleza dos seus  ideales.